Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Costes de Personal
Sello Excelencia EVAM 200-299, año 2018
Clases Pasivas

Pensións Extraordinarias

Feito Causante

É a xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou o falecemento do funcionario, sempre que esa incapacidade ou ese falecemento prodúzase por accidente, ou enfermidade, en acto de servizo ou como consecuencia do mesmo.

Presumirase o acto de servizo, agás proba en contrario, cando a incapacidade permanente ou o falecemento do funcionario acaecese no lugar e tempo de traballo.

Período de carencia

Non se require período de carencia

Cálculo da pensión

  • De xubilación

A pensión extraordinaria de xubilación calcúlase aplicando, ao 200 por 100 do haber regulador que corresponda, a porcentaxe que corresponda segundo anos de servizos prestados, coa particularidade de que se considerarán como servizos efectivos, ademais dos acreditados ata ese momento, os anos completos que restan ao funcionario para alcanzar a idade de xubilación, e entenderanse prestado no Corpo, Escala, praza ou emprego a que estivese adscrito o causante no momento en que se produza a declaración de xubilación.

  • En favor de familiares

O cálculo deste tipo de prestacións efectúase de acordo cos criterios anteriormente sinalados para as pensións ordinarias, aínda que a base reguladora tomarase ao 200 por 100 e consideraranse como servizos efectivos ao Estado, ademais dos acreditados ata ese momento, os anos completos que resten ao funcionario para cumprir a idade de xubilación forzosa, entendéndose estes como prestados no Corpo, Escala, praza, emprego ou categoría a que estivese adscrito ao momento do falecemento.

Procedemento

  • Iniciase sempre por instancia de parte: o funcionario xubilado por incapacidade permanente para o servizo, ou os familiares do funcionario falecido que se consideren con dereito a pensión extraordinaria, deberán solicitar do órgano de xubilación a incoación do expediente de investigación de causas determinantes e circunstancias que concorreron na xubilación ou falecemento do funcionario.

  • Despois de recibi-lo escrito de solicitude, o órgano de xubilación designará un instrutor do expediente, que disporá –de oficio ou por solicitude do interesado- a práctica das probas que estime pertinentes para fixa-la realidade das lesións ou doenzas que determinaron a xubilación por incapacidade permanente ou o falecemento do funcionario, así como a relación de causalidade entre estas e o servizo ou tarefa desempeñada por el.

  • Despois de concluí-lo expediente, o instrutor dará vista ó interesado e formulará proposta de resolución, pronunciándose sobre os feitos probados e a relación de causalidade entre as lesións ou falecemento e o servizo ou tarefa desempeñada.

  • O expediente completo remitirase ó órgano de xubilación para que este emita informe sobre o recoñecemento da pensión extraordinaria e o envíe, xunto co expediente de investigación de causas instruído, á Dirección Xeral de Custos de Persoal para a súa resolución definitiva.