Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Cáculo de pensións

a) Se o interesado non acada o dereito a pensión (por non cumprir o período de carencia) cos períodos de servizo e, de ser o caso, as cotizacións acreditadas en España, pero si o acadaría engadindo os períodos, non superpostos, acreditados noutros estados da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, sinalarase a “pensión Prorrata-Temporis” que corresponda.

O cálculo desta pensión efectúase determinando, en primeiro lugar, a chamada “Pensión Teórica”, que resulta de considerar hipoteticamente que tanto os períodos cubertos en España como noutros Estados cumpríronse de acordo coa lexislación española. Despois a “Pensión Teórica” ratéase, segundo a relación existente entre o número de días cubertos en España e o número total de días de seguro (dentro e fóra de España).

                           Pensión Prorrata = Pensión teórica x [ Nº días España / Total días ]

b) Se o interesado ten dereito a pensión en España –pensión interna-, aínda cando non se consideren os períodos de aseguranza noutros estados, deben efectuarse dous cálculos:

  • 1. Cálculo da pensión interna ou nacional, aplicando a lexislación española e considerando exclusivamente os períodos acreditados en España.
  • 2. Cálculo da pensión pro rata temporis, de acordo co indicado no número anterior.

Despois de facer estas operacións compáranse unha e outra e ofréceselle ó interesado o dereito á de maior contía, ben sexa a interna ou a pensión rateada. Tanto unha como outra son compatibles coa percepción das pensión que sinalasen –ou sinalen nun futuro- as institucións competentes dos demais estados.