Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Órganos de xubilación ou retiro

Son órganos competentes para tramitar e declarar a xubilación no Réxime de Clases Pasivas do Estado:

dos corpos ou escalas da Administración xeral do Estado

en situación de servizo activo

*Xubilación forzosa por idade ou por incapacidade permanente para o servizo:

  • o Subsecretario do Fepartamento ministerial en cuxos servizos centrais, organismos ou entidades dependentes estea destinado o funcionario;
  • O Delegado do Goberno ou Subdelegado do Goberno, cando o funcionario estea destinado en servizos periféricos, de ámbito rexional ou provincial, respectivamente.

*Xubilación voluntaria:

  • o Subsecretario do Departamento ministerial, cando o funcionario pertenza a Corpos ou Escalas adscritos ao propio Departamento;
  • o Director xeral da Función Pública, no caso de funcionarios pertencentes a Corpos ou Escalas adscritos ao Ministerio da Presidencia e dependentes da Secretaría de Estado para a Administración Pública.

*Xubilación voluntaria incentivada (artigo 34 da Lei 30/1984):

  • o Director xeral da Función Pública.

en situación distinta de servizo activo

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, agás en Comunidades Autónomas:

  • o Subsecretario do Departamento ministerial en que o interesado prestase os seus últimos servizos como funcionario en servizo activo.

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, en situación de servizo en Comunidades Autónomas:

  • o órgano que determine a Comunidade Autónoma correspondente.

os Corpos ou Escalas da Administración de Xustiza

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, con independencia da situación administrativa en que se atopen::

  • o Consello Xeral do Poder Xudicial, se o funcionario pertence á carreira xudicial.
  • O Secretario de Estado de Xustiza, se o funcionario pertence á Carreira Fiscal, ao de Letrados da Administración de Xustiza ou a calquera outro Corpo ou Escala da Administración de Xustiza.

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, dos rexistradores da propiedade:

  • o Director Xeral dos Rexistros e do Notariado.

dos funcionarios de carreira das Cortes Xerais ou doutros órganos constitucionais

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, con independencia da súa situación administrativa e do destino en que se atopen no momento da súa xubilación:

  • Os servizos administrativos competentes das Cortes Xerais ou doutros órganos constitucionais.

dos Funcionarios de carreira dos Corpos Docentes Universitarios

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter, con independencia da súa situación administrativa:

  • o Reitor da Universidade que corresponda ao último destino servido polo funcionario.

dos Rexistradores da propiedade

*Xubilación, calquera que sexa o seu carácter:

      •   O Director xeral dos Rexistros e do Notariado.

INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DE PENSIÓNS DE XUBILACIÓN Ou RETIRO

A Resolución do 18 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, regula a xestión electrónica do impreso "J" de iniciación do procedemento de recoñecemento de pensións de xubilación dos funcionarios civís incluídos no Réxime de Clases Pasivas do Estado, a través da aplicación JUBIL@.

JUBIL@ facilítalles aos órganos de xubilación cubrir e certificar electronicamente os datos relativos aos funcionarios públicos que se xubilan, así como a transmisión telemática destes á Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas, para a súa incorporación automática ao sistema de información de recoñecemento de pensións de clases pasivas. Desde o 9 de xullo de 2010 todos os impresos "J" teñen que remitirse obrigatoriamente por JUBIL@