Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Familiares de falecidos

  • Lei 5/1979, do 18 de setembro, sobre recoñecemento de pensións, asistencia médico-farmaceútica e asistencia social en favor de familiares de falecidos como consecuencia da Guerra Civil (BOE 28/9/1979) (pdf)

1.- Causantes

Os falecidos, declarados falecidos ou desaparecidos durante a guerra civil, ou despois dela, sempre que poda establecerse unha relación de causalidade persoal e directa entre a guerra civil e o falecemento do causante, así como aqueles que causaran pensión polo seu falecemento con motivo de acontecementos bélicos anteriores a 1936.

2.- Beneficiarios

El cónyuge viudo y, en su defecto, los huérfanos menores de 21 años o mayores de dicha edad, incapacitados para todo trabajo desde antes de cumplirla o del fallecimiento del causante, y los padres del causante fallecido, siempre que reúnan las condiciones requeridas por la legislación general sobre Clases Pasivas aplicable en cada caso.

3.-Importe das pensións

A) Se o causante era profesional das Forzas Armadas e Orde Pública

As pensións de viuvez, de orfandade a fillos incapacitados e en favor de pais son o 200 por 100 da base reguladora que correspondería ó causante, atendendo á graduación e anos de servizo que tivese acreditados no momento do seu falecemento.

A pensión de orfandade en favor de maiores non incapacitados é o 100 por 100 da base reguladora descrita no apartado anterior.

B) Se o causante non era profesional das Forzas Armadas e de Orde Pública:

Desde 1-1-1996 as Leis de Orzamentos Xerais do Estado establecen como importe destas pensións o mesmo que a pensión mínima de viuvez da Seguridade Social para titulares maiores de 65 anos. No ano 2023 é de 783,10 €/mes.

Desde 1-1-2008, as pensións de orfandade de orfos non incapacitados (sen actualizar desde o ano 1981) revalorízanse na mesma porcentaxe que o resto das pensións públicas. En 2023 a súa contía está fixada en 183,83 €/ mes.