Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Costes de Personal
Sello Excelencia EVAM 200-299, año 2018
Clases Pasivas

Anticipos do Fondo de Garantía de Alimentos

 

O «Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos», creado pola Lei 42/2006, do 28 de decembro, e regulamentado polo Real Decreto 1618/2007, do 7 de decembro, é un fondo carente de personalidade xurídica, que ten como finalidade garantir aos fillos menores de idade o pagamento de alimentos recoñecidos e non pagados establecidos en convenio xudicialmente aprobado ou en resolución xudicial en procesos de separación, divorcio, declaración de nulidade do matrimonio, filiación ou alimentos, mediante o aboamento dunha cantidade que terá a condición de anticipo.

Enténdese por "Alimentos", todo o que é indispensable para a tender ao sustento, habitación, vestido, asistencia médica e educación (artigo 142 do Código Civil).

É imprescindible para acceder aos anticipos do Fondo que a resolución na que se recoñezan os alimentos fose ditada polos Tribunais españois.