Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Compatibilidade e incopatibilidade na súa percepción

COMPATIBILIDADE NA SÚA PERCEPCIÓN

De conformidade co artigo 5 da Lei 35/1995 as axudas son compatibles coas pensións públicas que perciban os seus beneficiarios. Ademais, pódese ter dereito simultaneamente a:

  • As axudas de Incapacidade temporal e as de Incapacidade permanente.
  • As de gastos de tratamento terapéutico en delitos contra a liberdade sexual e a axuda por Incapacidade temporal e/ou permanente.

INCOMPATIBILIDADE NA SÚA PERCEPCIÓN

No entanto, no citado artigo 5 da Lei 35/1995 e no conartigo 19 do Regulamento de aplicación establécese que a percepción das axudas será incompatible con:

  • A indemnización por danos e perdas causados polo delito establecida mediante sentenza. Se por insolvencia parcial do responsable do delito só se percibira parte da indemnización fixada na sentenza, poderá aboarse a axuda total ou parcialmente, sen que –computada a parte de indemnización percibida- se supere o importe fixado na resolución xudicial.
  • A indemnización e axuda económica de seguros privados: Se a sentenza fixara como indemnización unha cantidade superior á percibida polo seguro, caberá o aboamento total ou parcial da axuda co límite máximo da conta sinalada na sentenza.
  • A axuda por incapacidade temporal co subsidio que corresponda por esa situación nun réxime público de Seguridade Social.
  • Os resarcimentos por danos ás vítimas de bandas armadas e elementos terroristas, que se recoñecerán de acordo coa súa lexislación específica.