Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Costes de Personal
Sello Excelencia EVAM 200-299, año 2018
Clases Pasivas

Retencións por conta do I.R.P.F.

As pensións nas que a contía supere o importe anual legalmente establecido, están suxeitas a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e sometidas, de se-lo caso, ó sistema xeral de retencións por conta do imposto, coas excepcións seguintes:

  • Pensións derivadas de actos de terrorismo.
  • As axudas de calquera clase percibidas polos afectados polo virus de inmunodeficiencia humana, reguladas no Real Decreto-lei 9/1993, do 28 de maio.
  • Pensións en favor dos que sufriron lesións ou mutilacións con ocasión ou como consecuencia da guerra civil (1936/1939), xa sexa polo Réxime de Clases Pasivas do Estado ou pola lexislación especial ditada para tal efecto.
  • Pensión por inutilidade ou incapacidade permanente do Réxime de Clases Pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa daquelas inhabilitase por completo ó perceptor da pensión para toda profesión u oficio.
  • Pensións de orfandade.
  • Indemnizacións por tempos de prisión como consecuencia dos supostos contemplados na Lei 46/1977, de 15 de outubro, de Amnistía.

Para os efectos do IRPF, os pensionistas de Clases Pasivas que teñen recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade ou inutilidade para o servizo, considéranse afectados por unha minusvalía igual ou superior ó 33 por 100, sen necesidade de acredita-lo seu grao de minusvalía cun certificado expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou órgano competente das Comunidades Autónomas.

Calcule as súas retencións en liña