Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Costes de Personal
Sello Excelencia EVAM 200-299, año 2018
Clases Pasivas

Dirección Xeral de Custos de Persoal

OrganigramaSecretaría de Estado de Presupuestos y GastosDirección General de PresupuestosDirección General de Fondos EuropeosDirección General de Costes de PersonalSubdirección General de Estudios de Costes y Análisis de RetribucionesSubdirección General de Gestión de Retribuciones y Puestos de TrabajoSubdirección General de Gestión de Clases PasivasSubdirección General de Ordenación Normativa y Recursos e Información de Clases Pasivas

Director Xeral Juan José Herrera Campa

Dirección

Avenida do Xeneral Perón, 38 (Edificio Master's II)- 28020 Madrid

Teléfono de información gratuíto de Clases Pasivas: 900 50 30 55

 

Funcións

A Dirección Xeral de Custos de Persoal terá ao seu cargo as funcións, entre outras, da proposta normativa e a xestión do sistema de clases pasivas do Estado. Para ese efecto, correspóndelle especialmente:

 

  • O recoñecemento, xestión e proposta dos pagos das pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado, das previstas na lexislación especial derivada da guerra civil, e daqueloutras prestacións, indemnizacións, axudas e anticipos cuxa competencia teña atribuída, así como as funcións de información e atención ao público.
  • A análise, programación, cuantificación, e seguimento dos créditos contidos na Sección 07 do Orzamento de Gastos do Estado, así como daqueloutros que teña asignados en materia de prestacións sociais.
  • O estudo, informe e, no seu caso, proposta das normas orzamentarias que regulan os gastos de persoal, así como os sistemas de pensións cualificados como públicos, para os efectos da súa coherencia e compatibilidade e a proposta da normativa que regula o sistema de clases pasivas e pensións especiais.
  • A tramitación, proposta e, no seu caso, resolución das reclamacións e recursos interpostos contra aqueles actos que en materia de pensións, axudas ou indemnizacións, sexan da súa competencia, así como a tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos interpostos contra as resolucións da Comisión Interministerial de Retribucións e contra as resolucións do Director Xeral sobre a adecuación á normativa vixente das retribucións anuais do persoal directivo no sector público estatal.

 

A Dirección Xeral desempeña estas funcións a través da Subdirección Xeral de Xestión de Clases Pasivas e A Subdirección Xeral de Ordenación Normativa e Recursos