Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Cita previa: outros tramites

A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social pon a disposición dos beneficiarios de pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado e doutras prestacións xestionadas por esta Dirección Xeral, a posibilidade de solicitar unha cita previa para realizar algunha das seguintes xestións no Servizo de Información, situado na Avenida do Xeneral Perón, 38 (Edificio MASTER'S II) de Madrid.

  • Solicitude de pensións de Clases Pasivas. Para pensións de viuvez, orfandade e pais, deberá vostede indicar os apelidos, nome e DNI do falecido.
  • Solicitude de anticipos do Fondo de Garantía do Pago de Alimentos
  • Solicitude de axudas a Vítimas de Delitos Violentos
  • Solicitude de cambio de datos bancarios, de domicilio, de IRPF ou persoais
  • Consultas sobre a súa pensión de Clases Pasivas
  • Obtención de certificados e outros documentos

Se desexa solicitar información sobre a contía aproximada da súa futura pensión de xubilación ou retiro, deberá solicitar vostede a cita a través da opción Cita previa: Información previa á xubilación..

Nas apartado “Solicitudes e Procedementos” dispón dos formularios correspondentes con información sobre a documentación que debe acompañarse en cada caso.

Para un adecuado funcionamento do servizo de cita previa, é preciso que reserve tantas citas como trámites desexe efectuar.

Algunhas Unidades de Clases Pasivas, situadas nas Delegacións de Economía e Facenda, tamén ofrecen este servizo de cita previa. Para comprobar se está dispoñible na súa provincia de residencia pulse a seguinte ligazón.