Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Pensións extraordinarias por actos de terrorismo en favor dos que non están incluídos en ningún réxime de protección social

Teñen dereito a estas pensións extraordinarias tódolos cidadáns, calquera que fora a súa nacionalidade, que sufran lesións permanentes invalidantes ou falezan como consecuencia de actos de terrorismo, sempre que non sexan responsables deses actos e que non teñan dereito a prestacións da mesma natureza en calquera réxime público da Seguridade Social.

Tramitación: os interesados deberán presentar ante a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social (Avda. do Xeneral Perón, 38, Edificio Master's II - 28020 Madrid) solicitude de pensión extraordinaria por actos de terrorismo, como vítima que non ten dereito a pensión en ningún réxime de Seguridade Social, acompañada da documentación que se esixe en cada caso.

A) Pensións de Invalidez

Contía: Quen resulte afectado de lesións permanentes invalidantes terá dereito a unha pensión dunha contía equivalente ao triplo do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente en cada momento e que para o ano 2023 equivale a catorce mensualidades, a:

desde 1-1-2023 a 1.800 euros / (IPREM mensual: 600 euros/mes)

Efectos económicos: primeiro día do mes seguinte á data do acto terrorista, sempre que se formulara a solicitude de pensión dentro do período dun ano que contará desde o mesmo acto. Se a solicitude se formula transcorrido ese ano, os efectos económicos produciranse a partir do primeiro día do mes seguinte á solicitude

B) Pensións familiares: viuvez, orfandade e en favor de pais

Beneficiarios: En caso de falecemento por actos de terrorismo, causarase pensión en favor dos seguintes familiares:

  • O cónxuxe do causante falecido, sempre que non estea separado legalmente.
  • Quen se encontrase unido ao causante no momento do seu falecemento, formando unha parella de feito, sempre que se acrediten os seguintes requisitos:
    • O causante e o beneficiario:
      • Teñan unha análoga relación de afectividade á conxugal
      • Non exista vínculo matrimonial con outra persoa, nin se achasen impedidos para contraer matrimonio entre eles.
      • Acrediten, mediante o correspondente certificado de empadroamento, unha convivencia estable, notoria, ininterrompida e inmediata ao falecemento do causante non inferior a cinco anos.
    • Exista unha formalización pública da condición de parella de feito, que se acredite por:
      • Certificado de inscrición nalgún dos Rexistros específicos existentes nas CCAA ou Concellos do lugar de residencia, ou
      • Mediante documento público no que conste a constitución desa parella.
      • En ambos os dous casos a formalización deberá terse producido cunha antelación de dous anos con respecto á data do falecemento.
    • Os ingresos do sobrevivente non superen determinados límites:
      • Que durante o ano anterior non acadasen: 
        • o 50 por cento da suma dos propios e dos do causante se existen fillos comúns con dereito a pensión de orfandade.
        • o 25 por cento se non existen fillos comúns con dereito a pensión de orfandade.
      • ben, que os ingresos do que convive sexan inferiores a 1,5 veces o importe do salario mínimo interprofesional (SMI) vixente no momento do falecemento (requisito que debe manterse mentres se perciba a pensión). Este límite incrementa en 0,5 veces a contía do SMI por cada fillo común con dereito a pensión de orfandade que conviva co sobrevivente.

Cando o causante falecese antes do 1 de xaneiro de 2008 tamén procederá o dereito a pensión de viuvez sempre que se solicite durante 2008 e concorran os seguintes requisitos:

  • Cando faleceu o causante non puido causarse dereito a pensión de viuvez.
  • O período de convivencia ininterrompida como parella de feito co causante fose de, polo menos, seis anos anteriores ao falecemento.
  • Tivesen fillos comúns.
  • O convivente non teña dereito a pensión contributiva da Seguridade Social.

O dereito a pensión de viuvez extinguirase cando o beneficiario contraia matrimonio ou constitúa unha parella de feito.

  • Os fillos do causante menores de 18 anos ou maiores incapacitados para todo traballo no momento do falecemento do causante ou antes do cumprimento da citada idade. Se o orfo non realiza traballo lucrativo ou, cando realizándoo, os ingresos que obteña resulten inferiores ao salario mínimo interprofesional, poderá ser beneficiario da pensión de orfandade sempre que, na data de falecemento do causante, fose menor de 22 anos ou de 24 se non sobrevivise ningún dos dous pais, ou o orfo presentara unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%. Neste caso, a pensión de orfandade extinguirase cando o titular cumpra os 24 anos de idade, agás que estivese cursando estudos, manténdose nestes supostos a percepción da pensión ata o primeiro mes, inclusive, do seguinte curso académico.
  • Os pais do causante sempre que non exista cónxuxe viúvo, parella de feito ou fillos con dereito a pensión, no momento do falecemento. Ademais esíxese que os pais convivisen co causante e dependesen economicamente del nese momento.

Contía: triplo do IPREM vixente en cada momento e que para o ano 2023 equivale a:

desde 1-1-2023a1.800 euros

Cando concorran varios familiares beneficiarios da pensión extraordinaria, a contía sinalada distribuirase entre eles a partes iguais. Malia o anterior, se concorren o cónxuxe ou parella de feito e os fillos, a pensión distribuirase por metades, e corresponderalles unha ao cónxuxe ou parella de feito e a outra aos fillos.

Efectos económicos: Primeiro día do mes seguinte ao falecemento do causante da pensión, sempre que se formulou a solicitude de pensión dentro do periodo dun ano a contar desde o falecemento. Si a solicitude formúlase transcorrido ese ano, os efectos económicos produciranse a partir do primeiro día do mes seguinte á solicitude.